From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos acipenseriformes (Acipenseriformes) é unha orde de peixes óseos, os máis primitivos da clase dos actinopterixios, que inclúe os esturións, os peixes espátula e outras especies extintas.[2]
Acipenseriformes Acipenseriformes Rango fósil: xurásico medio - actualidade [1] | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esturión do Atlántico (Acipenser oxyrinchus oxyrinchus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||
|
Presentan un esqueleto en gran parte cartilaxinoso. O corpo, de sección pentagonal, é espido (sen escamas), pero presenta cinco series de placas óseas ou escudos dispostos lonxitudinalmente.[3]
O fociño é alongado (rostrum) e a boca, situada en posición ventral, é pequena e protráctil (pode proxectarse cara ao exterior como unha trompa), e ten poucos dentes ou é desdentada, e fronte a ela hai 4 barbelas dispostas nunha fila horizontal.[3]
As aletas están sustentadas por raios cartilaxinosos; a dorsal e a anal están moi atrasadas, e os primeiros raios das pectorais están fusionados para formaren unha forte espiña; a aleta caudal é heterocerca.[3]
Posúen unha vexiga natatoria gasosa comunicada co intestino, e este posúe válvula espiral.[3][4]
Adoitan ter gran tamaño (até 6 m e 1 000 kg de peso, aínda que hoxe en día raramente pasan dos 2 ou 3 m) e alcanzar gran lonxevidade (até os 100 anos), no caso do esturión.[3]
A clasificación máis recentemente aceptada agrupa aos acipenseriformes en dúas subordes e catro familias, dúas delas con especies viventes e as outras dúas xa extinguidas:[4][5]
As especies actuais son unhas 26, a maioría propias de ríos de Rusia, Norteamérica e Asia, aínda que fóra da época da reprodución poden acharse tamén nos océanos cecanos. Algunhas delas son de grande inmportancia económica, mentres que outras foron levadas case até a extinción pola sobrepesca e a contaminación.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.