![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/Yksys2.jpg/640px-Yksys2.jpg&w=640&q=50)
Acetobacter aceti
From Wikipedia, the free encyclopedia
Acetobacter aceti é unha especie de bacteria gramnegativa que se move utilizando os seus flaxelos peritricos. Louis Pasteur probou que esta bacteria era a causante da conversión de etanol en ácido acético en 1864, o cal acidifica (pica) o viño. É un microorganismo benigno que está presente no ambiente case en todas partes, xa que existe en nichos ecolóxicos onde hai alcohol, como flores, froitos e abellas do mel, así como na auga e solo. Vive alí onde se produza a fermentación de azucres.[1] Crece mellor a temperaturas que van de 25 a 30 graos Celsius e en pHs entre 5,4 e 6,3. Durante moito tempo foi utilizada na industria da fermentación para producir ácido acético a partir de alcohol. Acetobacter aceti é un organismo aerobio obrigado, o cal significa que necesita oxíxeno para crecer.[2]
Acetobacter aceti | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Acetobacter aceti (Pasteur 1864) Beijerinck 1898 |
Acetobacter aceti é importante economicamente porque se utiliza na produción de vinagre ao converter o etanol do viño ou sidra en ácido acético. O ácido acético creado por A. aceti tamén se usa na fabricación de acetato rayon, produción de plásticos e de goma e de produtos químicos para fotografía. A. aceti considérase un organismo acidófilo, o que significa que pode sobrevivir en ambientes ácidos, debido a que ten un citoplasma acidificado que fixo que case todas as proteínas do seu xenoma evolucionasen para ser estables en condicións ácidas. A. aceti é importante para axudar a comprender o proceso polo que as proteínas adquiren estabilidade ácida.[2]