Acetato de isoamilo
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O acetato de isoamilo, denominado tamén acetato de amilo, aceite de plátano ou aceite de banana,[1] é un composto orgánico de fórmula CH3COOCH2CH2CH(CH3)2 que é un éster do alcohol isoamil e o ácido acético. É un líquido incoloro con aroma a bananas (e lixeiramente a pera) e por iso algunhas industrias alimentarias emprégano como aromatizante.[2] A denominación aceite de banana ou aceite de plátano aplícase tanto ao acetato de isoamilo empregado como aromatizante, como ás mesturas de acetato de isoamilo, acetato de amilo e outros compostos.[1]