Accidente de Montrove
accidente de aviación en Oleiros From Wikipedia, the free encyclopedia
accidente de aviación en Oleiros From Wikipedia, the free encyclopedia
O accidente de Montrove foi o accidente de aviación máis grave da historia de Galicia. Produciuse ao esnafrarse entre unha densa néboa un SE 210 Caravelle da aeroliña comercial Aviaco nas proximidades do aeroporto de Alvedro, o 13 de agosto de 1973. O accidente produciuse debido a un erro humano debido a querer aterrar pese a densa néboa, no canto de proceder ao aeródromo alternativo que figuraba no plano de voo. Faleceron 85 persoas.
Accidente de Montrove | |
---|---|
Caravelle coma o do accidente | |
Resumo | |
Data | 13 de agosto de 1973 |
Causa | Erro humano
Voo controlado cara ao terreo |
Lugar | O Pazo do Río, Oleiros |
Coordenadas | |
Orixe | Madrid |
Destino | A Coruña |
Finados | 85 + 1 |
Feridos | 0 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | SE 210 Caravelle |
Operador | Aviaco |
Rexistro | EC-BIC |
Pasaxeiros | 79 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 0 |
A aeronave, un SE 210 Caravelle con matrícula EC-BIC, cubría o voo 118, de liña regular entre o aeroporto de Barajas e o aeroporto de Alvedro. O avión engalara en Madrid ás 9:14 da mañá (hora local) e unha hora máis tarde, ás 10:14, ponse en contacto coa torre de control para realizar a aterraxe. Hai unha mesta brétema e recoméndaselle que agarde. O avión realiza unha aproximación para comprobar a visibilidade real, pero volve situarse nos 2000 metros de altura. Tras unha segunda manobra de aproximación, ás 11:20 a torre avisou o piloto, Rafael López Pascual, de que a néboa esvaía, que a visibilidade horizontal aumentara a 1500 m e a vertical a 300 m. O avión tenta achegarse, pero un novo banco de néboa faino desistir. Ás 11:39 volve realizar outra manobra de aproximación, pero bate contra uns eucaliptos e esnáfrase en posición invertida no Pazo do Río (Liáns, Oleiros), a carón de Montrove.
A causa oficial do accidente foi un erro humano, ao tentar o piloto a aterraxe con condicións de visibilidade reducidas.
Como consecuencia da colisión, o aparato incendiouse e faleceron no acto 78 pasaxeiros e os 6 membros da tripulación. O único sobrevivente foi trasladado ao Hospital Juan Canalejo, hoxe Hospital A Coruña, onde faleceu horas máis tarde. Foron un total de 85 os falecidos.
As vítimas foron enterradas nunha fosa do cemiterio de Santo Amaro. O 13 de agosto de 2014 inaugurouse nese espazo un monumento á súa memoria.[1][2]
O aeroporto levaba aberto dez anos, dende 1963 pero estivera pechado ata dúas semanas antes do accidente por obras de remodelación e ampliación da pista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.