![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4b/Drone_24a.jpg/640px-Drone_24a.jpg&w=640&q=50)
Abellón (macho da abella)
macho da abella / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os abellóns, abáboros ou abázcaros[1] son as abellas machos da colmea; desenvólvense en celas máis grandes cás obreiras, de 8 milímetros de diámetro e proceden de ovos sen fecundar (partenoxénese). Nacen aos 24 días da posta, a cela operculada é facilmente recoñecible xa que sobresae por ser máis avultada que a dunha obreira. Cando se lles permite estirar panais ás obreiras sen cera estampada é factible que constrúan panais con celas propias de abellóns, nos cales a raíña depositará ovos non fecundados que darán orixe a abellóns. É importante que o apicultor non leve marcos con celas de abellóns á cámara de cría en virtude de que a reprodución destes é inversamente proporcional á produción de mel. As abellas manteñen naturalmente proporcións de abellóns elevadas, con respecto á necesaria na práctica apícola, destinada á produción de mel.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4b/Drone_24a.jpg/640px-Drone_24a.jpg)
Os abáboros aparecen normalmente na primavera, perdurando en toda a estación reprodutiva da colonia, primavera-verán-comezo de outono, sempre que existan raíñas sen fecundar; o tempo de vida da abella macho é de aproximadamente 3 meses. Se o fluxo de alimento é escaso as abellas obreiras expulsan os machos, os cales acaban morrendo de frío ou fame fóra da colmea. As colmeas con raíñas virxes toléranos ata a fecundación da mesma.
A fecundación da abella raíña ou abella mestra prodúcese no voo de fecundación ou voo nupcial, que normalmente as raíñas repiten en dúas, tres e ata en cinco oportunidades. Copulando en pleno voo para caeren ao pasto moitas veces xuntos. Logo da cópula o abáboro morre dado que se desprende o seu aparello xenital. As raíñas copulan con ata 15 abáboros, asegurándose deste xeito unha variabilidade xenética (debido á poliandria: varios pais) que terá a prole. A raíña garda no interior do seu abdome o esperma dos diferentes machos cos que copulou. Os abáboros non posúen aguillón, xa que este é en realidade un colector de ovos modificados.