A noite
filme de 1961 dirixido por Michelangelo Antonioni / From Wikipedia, the free encyclopedia
A noite[1] (en italiano: La notte) é un filme franco-italiano de 1961 dirixido por Michelangelo Antonioni e protagonizado por Marcello Mastroianni, Jeanne Moreau e Monica Vitti (con Umberto Eco nun cameo).[2] Foi rodado en Milán, e o filme conta a historia da relación entre un novelista desilusionado e a súa esposa frustrada. O filme continúa a tradición de Antonioni de abandonar a narración tradicional en favor da composición visual.
A noite | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La notte |
Director | Michelangelo Antonioni |
Produtor | Emanuele Cassuto |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Giorgio Gaslini |
Fotografía | Gianni Di Venanzo |
Montaxe | Eraldo Da Roma |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | ![]() |
Duración | 122 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 470 millóns de ₤ |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Recadou 470 millóns de liras e recibiu a aclamación da crítica pola súa exploración de temas modernistas como o illamento. A noite gañou o Oso de Ouro na 11ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, e tamén o Premio David di Donatello ao mellor director en 1961. A noite é considerado o filme central da triloxía que con L'avventura (1960) e rematou con L'eclisse (1962).[3][4][5]