A fragua de Vulcano
Cadro de Diego Velázquez / From Wikipedia, the free encyclopedia
A fragua de Vulcano (en castelán La fragua de Vulcano) é unha obra de tipo mitolóxico de Velázquez realizada, en óleo sobre lenzo, durante a súa primeira viaxe a Italia en 1629.
A fragua de Vulcano | |
---|---|
Artista | Diego Velázquez |
Data | 1630 |
Técnica | óleo sobre lenzo Barroco |
Dimensións | 223 cm cm × 290 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
Aínda que esta obra fora realizada en Roma[1] sen existir encargo senón por petición do pintor, e amigo, Peter Paul Rubens (que visitara España no 1629), e a realizara na casa do embaixador español xunto co cadro A túnica de Xosé, e trouxera as dúas de volta para España, os críticos concordan en datar a obra en 1630 e en considerala como unha das obras máis importantes da primeira viaxe de Velázquez a Italia.[2]
Os dous cadros permaneceron en poder do pintor até 1634, en que pasaron ás coleccións reais pois vendeullos á coroa xunto con outros cadros alleos para a decoración do Palacio del Buen Retiro.
Dende o 5 de agosto de 1819, o lenzo atópase no Museo do Prado.[3]