filme de 1945 dirixido por Billy Wilder From Wikipedia, the free encyclopedia
A fin de semana perdida (en inglés, The Lost Weekend) é un filme do director Billy Wilder que conta a historia dun escritor alcohólico. Foi premiado coa Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1946 e co Oscar ao mellor filme na 18ª edición dos Oscar.
A fin de semana perdida | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Lost Weekend |
Director | Billy Wilder |
Guión | Charles Brackett Billy Wilder |
Baseado en | The Lost Weekend, de Charles R. Jackson |
Intérpretes | Ray Milland Jane Wyman |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | John F. Seitz |
Montaxe | Doane Harrison |
Estrea | 16 de novembro de 1945 [1] |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $1 250 000 |
Recadación | $11 000 000[2] |
Na rede | |
Estreouse en galego na TVG o 13 de marzo de 1989.[3]
O filme narra os feitos que ocorren en seis días, desde o xoves ata o martes.
O escritor alcohólico Don Birnam está preparándose para unha fin de semana de vacacións co seu irmán Wick, que quere obrigalo a deixar a bebida. A moza de Don, Helen, chega para despedirse deles e menciona que ten dúas entradas para un concerto. Don pide a Wyck que a acompañe e mentres el vai a un bar e perde o tren deliberadamente para volver a casa e seguir bebendo.
Na 18ª edición dos Oscar, A fin de semana perdida gañou catro premios, mellor filme, director, actor e guión. Ademais foi candidato á mellor fotografía, montaxe e música.
O filme compartiu o Grand Prix du Festival International du Film na primeira edición do Festival de Cannes, onde Milland tamén gañou o premio ao mellor actor. Xunto con Marty (1955) son os únicos filmes que gañaron o principal premio en Cannes e nos Óscar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.