A batalla dos centauros (Michelangelo)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Batalla dos centauros tamén coñecida como "Centauromaquia" é unha escultura en relevo en mármore do escultor Michelangelo datada preto de 1493 e que se garda no museo da Casa Buonarroti de Florencia. As súas medidas son de 84,5 x 90,5 cm.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Está realizada en mármore de Carrara doado por Lourenzo o Magnífico para a súa realización, Ascanio Condivi resalta na súa biografía sobre Michelangelo, que foi executada pouco antes da defunción de Lourenzo cara a principios de 1492. O relevo representa a batalla entre os gregos e os centauros e seguramente a idea suxeriulla un bronce de Bertoldo imitando a batalla dun sarcófago romano e que se atopaba naquel tempo no palacio dos Medici.
Representa a acción do rapto da princesa Hipodamia (esposa de Pirítou) por un centauro, historia relatada por Ovidio, a princesa atópase de costas, e a metade das figuras que serían os centauros, soamente vese a parte superior dos seus corpos, polo que dá a impresión que o relevo son todo espidos masculinos, ten un certo parecido co relevo do púlpito da catedral de Siena, dos condenados ao inferno de Nicola Pisano.