From Wikipedia, the free encyclopedia
A Lira de Ribadavia é unha banda de música de Ribadavia, considerada a banda de música máis antiga de Galicia[1].
A que pasa por ser a banda de música máis antiga de Galicia segue sen dar atopado a data exacta da súa orixe, aínda que existen documentos do século XIX que xa se refiren á grande afección que naqueles tempos tiña o pobo ribadaviense polas bandas de música. Un documento[2] do Concello de Ribadavia dá conta da regularización salarial que se lle fai aos mestres dunha escola de música, fundada unha década atrás, en recoñecemento do seu traballo, transcendencia e repercusión social na vila.
Denque aquela data promóvese unha Sociedade Filharmónica[2] que vai estar centrada na formación da mocidade, asumindo a súa dirección Luis de Nessone. Durante os anos a banda divídese e únese por desavinzas políticas, destacando La Lira e La Nueva Lira, unha liberal e outra conservadora, pero ao pasar dos anos volven converxer na mesma banda que perdura ata a actualidade.
Ten conseguido distintos galardóns como banda en Galicia, Asturias, León e Valencia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.