From Wikipedia, the free encyclopedia
A Internacional (L'Internationale en francés) é a canción socialista máis famosa, adoptada tamén polos anarquistas e comunistas, unha das cancións máis coñecidas internacionalmente, ademais do himno dos traballadores de todo o mundo. A letra orixinal é de Eugène Pottier en 1871 e música de Pierre Degeyter en 1888.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2011.) |
A letra orixinal escribiuna en francés o poeta Eugène Pottier en 1871, durante a represión contra a Comuna de París, e era un poema á gloria da internacional obreira e dedicada ao anarquista Gustave Lefrançais[1], personalidade da Comuna de París.
A historia do poema e do seu autor está ligado ao fenómeno das goguettes, que consistía na xuntanza dun pequeno grupo de persoas para cantar e que está na base das sociedades carnavalescas. En 1883 Pottier presentou unha canción a un concurso de goguettes e logrou a medalla de prata pero máis importante foi o seu encontro ccon Gustave Nadaud que lle permitiu publicar escolmas de cancións e de poemas en 1884 e de novo por iniciativa de Nadaud publicou en 1887 Chants révolutionnaires con limiar de Henri Rochefort[2] na que incluíu L'Internationale.
Pierre Degeyter púxolle música en 1888 (orixinalmente cantábase coa música de La Marseillaise). A Internacional traduciuse en numerosas linguas e o texto evolucionou no transcurso do tempo e das organizacións que o adoptaron. Por exemplo a miúdo a palabra "rei" substituíuse pola palabra "estado".
Tras a Revolución Rusa e ata que a Unión Soviética adoptou o seu propio himno en 1944, unha versión adaptada da Internacional serviu como himno da URSS.
Dende a metade do século XX segue a ser o himno da maioría dos partidos comunistas, de certas organizacións revolucionarias. Cántase en certas manifestacións reivindicativas alzando o puño e é o símbolo das loitas sociais.
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.