![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/Prince_Florimund_finds_the_Sleeping_Beauty_-_Project_Gutenberg_etext_19993.jpg/640px-Prince_Florimund_finds_the_Sleeping_Beauty_-_Project_Gutenberg_etext_19993.jpg&w=640&q=50)
A Bela Dormente
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Bela Dormente[1] é un clásico conto de fadas de tradición oral europeo cuxo personaxe principal é unha princesa que é enfeitizada para caer nun sono profundo, até que un príncipe encantado a esperte cun bico que proveña dun amor verdadeiro.
A Bela Dormente | |
---|---|
![]() Ilustración do Príncipe e a Bela Dormente | |
Título orixinal | Sole, Luna e Talia (Italia), La Belle au bois dormant (Francia), Dornröschen (Alemaña) |
Autor/a | Irmáns Grimm |
Orixe | Alemaña |
Tema(s) | Conto |
Xénero(s) | Conto de fadas |
[ editar datos en Wikidata ] |
A versión máis coñecida é a dos Irmáns Grimm, publicada en 1812, na obra Contos de Grimm, co título A Bela Dormente (título orixinal Dornröschen[2]) [3]. Considérase que esta se basea tanto na versión Sol, Lúa e Talía de Giambattista Basile, extraído de Pentamerone, a primeira versión en ser publicada data de 1634[4], como na versión do escritor francés Charles Perrault publicada en 1697, no libro Contos da Nai Ganso co título de A Bela Dormente no Bosque[5], que á súa vez tamén se inspirou no conto de Basile.
O conto foi adaptado ao ballet en 1890. A estrea realizouse en San Petersburgo por Chaikovski, que se inspirou no conto de Charles Perrault (A Bela Dormente, por Chaikovski), e máis tarde ao cinema pola Disney, en 1959 (Sleeping Beauty). Este filme de animación é unha adaptación tanto da versión de ballet de Petr Ilich Chaikovskii, como da de Charles Perrault[6]. En 2014 tivo inicio unha nova produción sobre o conto, desta vez revelando a perspectiva da bruxa má, Malévola, titulada Maleficient. Nesta produción a vilá será interpretada por Angelina Jolie, e Elle Fanning fará o papel da Bela Dormente. As gravacións comezaron en xuño, e a estrea está fixada para o 14 de marzo de 2014. O filme será dirixido por Robert Stromberg.