![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/Leonardo_da_Vinci_%25281452-1519%2529_-_The_Last_Supper_%25281495-1498%2529.jpg/640px-Leonardo_da_Vinci_%25281452-1519%2529_-_The_Last_Supper_%25281495-1498%2529.jpg&w=640&q=50)
A Última Cea (Leonardo)
Pintura mural feita por Leonardo da Vinci / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Última Cea (en italiano: Il cenacolo ou L'ultima cena) é unha pintura mural orixinal de Leonardo da Vinci executada entre 1495 e 1497,[1][2] atópase na parede sobre a que se pintou orixinariamente, no refectorio (comedor) do convento dominico de Santa Maria delle Grazie en Milán (Italia).[3] Este representa a escena da Última Cea de Xesús como se anuncia no Evanxeo de Xoán 13:21, cando Xesús anuncia que un dos seus Doce Discípulos traizoaríao. A pintura foi elaborada, para o seu patrón, o duque Ludovico Sforza de Milán. Non é un fresco tradicional, senón un mural executado ao témpera e óleo sobre dúas capas de preparación de xeso estendidas sobre enlucido. Mide 460 cm. de alto por 880 cm. de ancho. Moitos expertos e historiadores da arte, consideran a A Última Cea como unha das mellores obras pictóricas do mundo.[4]