O ARNr 5,8S (5.8S rRNA) é un tipo de ARN ribosómico non codificante que forma parte da subunidade maior do ribosoma eucariota e desempeña un importante papel na tradución de proteínas. É transcrito pola ARN polimerase I como parte dun precursor grande de 45S, que contén os ARNr 18S e 28S. Pénsase que a súa función ten que ver coa translocación do ribosoma.[1] Tamén se sabe que forma enlaces covalentes coa proteína supresora de tumores p53.[2] O ARNr 5,8S pode utilizarse como xene de referencia para a detección de microARN.[3] O ARNr 5,8S utilízase para ter unha mellor comprensión doutros procesos dos ARNr e de vías da célula.[4]

Datos rápidos Identificadores, Rfam ...
ARNr 5,8S
Thumb
Estrutura secundaria predita e conservación de secuencia do ARNr 5,8S
Identificadores
RfamRF00002
Outros datos
Dominio(s)Eukaryota; Archaea
GO0003735 0005840
Estruturas PDBPDBe
Pechar

Estrutura

A estrutura do ARNr 5,8S é a dun ARN duns 150 nucleótidos que consta de zonas apareadas e monocatenarias.[5] Este ARN ribosómico, xunto cos de 28S e 5S e 46 proteínas ribosómicas, forma a subunidade maior de 60S do ribosoma eucariota citosólico.[5] O ARNr 5,8S é inicialmente transcrito xunto cos de 18S e 28S nun ARN prerribosómico de 45S, xunto cos ITS 1 e ITS 2 (espazadores internos transcritos, do inglés internal transcribed spacer) e os ETS 5’ e 3’ (espazadores externos transcritos, ou external transcribed spacer).[6] O ARNr 5,8S está localizado entre as dúas rexións ITS, nas que o ITS1 o separa do ARNr 18S en dirección 5', e o ITS2 o separa do ARNr 28S en dirección 3'. Os ITS e ETS son clivados e eliminados durante a maduración do ARNr. Isto realízase por medio dunha vía de clivaxe continua levada a cabo por enzimas endonucleases e exonucleases, que cortan os espazadores en puntos específicos.[6]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.