O ACE2 (do inglés angiotensin converting enzyme 2 ou enzima convertedor da anxiotensina 2)[1] é un enzima unido á superficie externa da membrana plasmática das células dos pulmóns, arterias, corazón, riles e intestinos.[2][3] O ACE2 fai diminuír a presión arterial ao catalizar o corte da anxiotensina II (un péptido vasoconstritor) orixinando anxiotensina 1-7 (un vasodilatador).[4][5][6] O ACE2 tamén serve como punto de entrada nas células dalgúns coronavirus.[1] A versión humana do enzima adoita coñecerse como hACE2 e o seu xene está situado no cromosoma X.
Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
ACE2 |
---|
|
Estruturas dispoñibles |
---|
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
Lista de códigos PDB
- 3SCL , 1R42 , 1R4L , 2AJF , 3D0G , 3D0H , 3D0I , 3KBH , 3SCI , 3SCJ , 3SCK
|
---|
Identificadores |
---|
Nomenclatura |
Outros nomes
- ACEH, enzima convertedor da anxiotensins I 2
|
---|
Símbolo | ACE2 (HGNC: 13557)
|
---|
Identificadores externos | |
---|
Locus | Cr. X p22.2
|
---|
|
---|
Padrón de expresión de ARNm |
---|
|
|
Máis información
|
|
---|
Ortólogos |
---|
Especies | |
---|
Entrez | |
---|
Ensembl | |
---|
UniProt | |
---|
RefSeq (ARNm) | |
---|
RefSeq (proteína) NCBI | |
---|
Localización (UCSC) | |
---|
PubMed (Busca) | |
---|
Pechar
O ACE2 contrarresta a actividade do enzima convertedor da anxiotensina (ACE) relacionado ao reducir a cantidade de anxiotensina-II e incrementar a anxiotensina 1-7,[7] o que o converte nunha prometedora diana para o tratamento de doenzas cardiovasculares.[8][9]
O ACE2 é unha proteína de membrana de tipo I dun só paso a través da membrana, co seu dominio enzimaticamente activo exposto na superficie das células nos pulmóns e outros tecidos.[2] O dominio extracelular do ACE2 é clivado e separado do dominio transmembrana por outro enzima coñecido como sheddase, e a proteína soluble resultante libérase ao torrente sanguíneo e finalmente excrétase na urina.[10][11]