programa para a compresión de datos From Wikipedia, the free encyclopedia
7-Zip é un programa libre para a compresión de datos para sistemas Microsoft Windows ou Linux (empregando a ferramenta Wine se se quere contar coa mesma interface gráfica). Pode usarse unha interface gráfica de usuario ou desde liña de comandos.
7-Zip | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Igor Pavlov |
Última versión | 24.07 (19 de Xuño do 2024) |
Repositorio | https://sourceforge.net/projects/sevenzip/files/7-Zip/, https://github.com/ip7z/7zip |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Lingua/s | Varias Galego: Si |
Tipo | Compresor de arquivos |
Licenza | LGPL e BSD para o código AES |
Sitio web | www.7-zip.org |
Por defecto o programa emprega o novo formato de arquivo 7z, tamén libre, (con extensión .7z
). Este formato usa os métodos de compresión LZMA e PPMD (máis axeitado para textos), desenvolvidos polo seu autor, e pode aplicar un filtro aos executables para aumentar a súa compresibilidade. Os arquivos 7z poden ser sólidos, a diferenza dos zip, o que mellora a compresión de conxuntos de arquivos pequenos.
Existe unha versión portátil de 7-Zip que pode ser transportada e usada desde unha memoria USB sen necesidade de instalar nunha computadora[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.