1000 Hurts
From Wikipedia, the free encyclopedia
1000 Hurts é o terceiro álbum da banda estadounidense de noise rock Shellac, editado o 8 de agosto do 2000 a través do selo Touch & Go Records. No seu material promocional Shellac bromeaba describindo o disco como segue: "Non hai cancións de 12 minutos neste. Este disco é máis mesquiño. Todd canta".[1]
1000 Hurts | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Shellac | ||||
Publicado | 8 de agosto do 2000 | |||
Gravación | 1998 - 1999 | |||
Duración | 36:51 | |||
Xénero(s) | noise rock, post-hardcore | |||
Selo(s) | Touch & Go Records | |||
Producido por | Shellac | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
A portada é unha clara homenaxe ás vellas gravadoras de cinta Ampex. A banda é coñecida por usar gravadoras analóxicas de cinta para os seus rexistros, e son seareiros dos da marca Ampex. Ademais, o discurso do inicio do disco é unha variación dos anuncios que se poden escoitar nas cintas de calibración de Magnetic Reference Laboratories.
O álbum foi nomeado pola revista Rockfeedback o mellor disco da década[2]. A canción "Shoe Song" fai referencia ao tema de Slint "Good Morning, Captain", aparecido no seu álbum Spiderland.