![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Shellac_na_sala_Mondo_de_Vigo.jpg/640px-Shellac_na_sala_Mondo_de_Vigo.jpg&w=640&q=50)
Shellac
From Wikipedia, the free encyclopedia
Shellac (ou tamén Shellac of North America) foi unha banda estadounidense formada en Chicago en 1992 e composta por Steve Albini (guitarra e voces), Bob Weston (baixo e voces) e Todd Trainer (batería e voces). A pesar de ser definidos como un grupo de noise rock[1] e post-hardcore,[2] eles describíanse a si mesmos coma un "trío de rock minimalista".
Datos rápidos Orixe, Período ...
Shellac | |
---|---|
![]() Shellac na sala Mondo Club de Vigo en maio do 2010 | |
Orixe | Chicago, Illinois, ![]() |
Período | 1992 - 2024 |
Xénero(s) | noise rock, punk rock, post-hardcore |
Selo(s) discográfico(s) | Touch and Go, Drag City, Skin Graft |
Membros | Todd Trainer Bob Weston Steve Albini |
Artistas relacionados | Big Black, Brick Layer Cake, Flour, Mission of Burma, Rapeman, Volcano Suns, Breaking Circus |
Na rede | |
http://www.touchandgorecords.com/bands/band.php? | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar
O son de Shellac é unha continuación das formacións previas de Albini (especialmente de Big Black), con texturas sonoras voluntariamente "hostís", e unha actitude inflexible, sobre todo en termos de dar a coñecer o grupo, que é practicamente inexistente.