И, и (cursiva: И, и) nunha letra presente na maioría dos alfabetos cirílicos tanto modernos como arcaicos. Representa tipicamente /i/ (en protoeslavo, eslavo eclesiástico, ruso, búlgaro, serbio, e macedonio), ou /ɪ/ (en ucraíno, así como nalgunhas posicións no moderno eslavo eclesiástico e ruso).
Orixes
Parece unha versión investida da N maiúscula do alfabeto latino pero foi derivada da letra eta do alfabeto grego (Η, η, pronunciada [ɛː] en grego antigo e [i] en grego moderno).
No primeiro alfabeto cirílico practicamente non había distinción entre as letras И (izhei) e І (i), derivadas das letras gregas η (eta) e ι (iota). Ambas permaneceron no repertorio alfabético xa que representaban números diferentes na numeración cirílica, oito e dez respectivamente, motivo polo cal ás veces se lles chama i octal e i decimal. Hoxe en día coexisten en eslavo eclesiástico (sen diferenza fonética) e en ucraíno (con diferenza fonética). Outras ortografías eslavas eliminaron unha das dúas letras durante as reformas dos séculos XIX e XX: o ruso, o búlgaro, o serbio e o macedonio teñen só a И, mentres que o belaruso ten só a І.
Uso
É a décima letra do alfabeto ruso e en ruso pronúnciase /i/, como a /i/ de 'piñeiro'. Aínda que cando está soa non vai precedida da semivocal "yod", //j//, como si ocorre con outras vogais "débiles" (е, ё, ю e я), en ruso considéraselle a correspondente débil de ы, que representa //ɨ// (na lingua ucraína e belarusa, o son /i/ represéntase coa letra і, e ás veces chámaselle "I ucraína").
A letra и é a undécima letra do alfabeto ucraíno e en ucraíno representa //ɪ//, como na palabra ' inmortal'. A lingua belarusa prescindiu por completo da letra и, pero conserva a súa versión curta: a letra й, chamada I kratkoye ('I curta'), que se usa tamén en ruso e na maioría das linguas arriba citadas, aínda que outras como o serbio e o montenegrino substituírona por unha J.
Polo común, é transliterada do ruso, simplemente, como i, ou do ucraíno como e ou i, usando diferentes sistemas de romanización.
As letras и e úsanse na tipografía do falso cirílico, un estilo tipográfico empregado en diversos contextos para recrear unha atmosfera eslava.
Sistema numeral cirílico
Na antigüidade, no sistema numeral cirílico, esta letra tiña o valor numérico 8.
Táboa de códigos
Codificación de caracteres | Tipo | Decimal | Hexadecimal | Octal | Binario |
---|---|---|---|---|---|
Unicode | Maiúscula | 1048 | 0418 | 002030 | 0000 0100 0001 1000 |
Minúscula | 1080 | 0438 | 002070 | 0000 0100 0011 1000 | |
ISO 8859-5 | Maiúscula | 184 | B8 | 270 | 1011 1000 |
Minúscula | 216 | D8 | 330 | 1101 1000 | |
KOI 8 | Maiúscula | 233 | E9 | 351 | 1110 1001 |
Minúscula | 201 | C9 | 311 | 1100 1001 | |
Windows 1251 | Maiúscula | 200 | C8 | 310 | 1100 1000 |
Minúscula | 232 | E8 | 350 | 1110 1000 |
Os seus códigos HTML son: И
; ou И para a minúscula e и
; ou и
; para a minúscula.
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.