![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e4/Henri_de_Toulouse-Lautrec_-_Portrait_de_%25C3%2589mile_Bernard.jpg/640px-Henri_de_Toulouse-Lautrec_-_Portrait_de_%25C3%2589mile_Bernard.jpg&w=640&q=50)
Émile Bernard
pintor francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Émile Bernard, nado en Lille, Francia, o 28 de abril de 1868 e finado o 16 de abril de 1941, foi un pintor postimpresionista francés.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Émile Henri Bernard ![]() 28 de abril de 1868 ![]() Lille, Francia ![]() |
Morte | 16 de abril de 1941 ![]() París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien de Pantin (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Hôtel Le Charron (en) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Educación | Academia Julian (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | París (1903–1910) Exipto (1893–1903) París (1884–1885) Volendam Laren (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | pintor , fotógrafo , escultor , gravador , ilustrador , poeta , escritor , acuarelista ![]() |
Período de actividade | 1884 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Retrato, Arte de paisaxes, pintura relixiosa, nudez na arte, paisagem de cidade (pt) ![]() ![]() |
Movemento | Escola de Pont-Aven, Nabis, Puntillismo, Cloisonnisme (pt) ![]() ![]() ![]() |
Profesores | Fernand Cormon (pt) ![]() ![]() |
Alumnos | Sever Burada (pt) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Representante | Artists Rights Society ![]() |
Participou en | |
The Volpini Exhibition, 1889 (en) ![]() ![]() |
|
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Andrée Fort |
Irmáns | Madeleine Bernard (pt) ![]() ![]() |
Premios
|
Comezou os seus estudos na Escola de Belas Artes, facéndose amigo de artistas como Louis Anquetin e Henri de Toulouse-Lautrec. Uniuse ao Atelier Cormon en París en 1884 onde experimentou co impresionismo e o puntillismo.
Despois de que lle suspendesen na École des Beaux-Arts por insubordinación, viaxou pola Bretaña, onde quedou namorado da tradición e a paisaxe. Teorizou sobre un estilo de pinturas de formas groseiras separadas por contornos escuros, o que foi coñecido como cloisonismo. A súa obra mostrou tendencias xeométricas que apuntaban as influencias de Paul Cézanne, e colaborou con Paul Gauguin e Vincent van Gogh. A súa correspondencia con estes artistas é de grande interese para a historia da arte. En 1891 uniuse a un grupo de pintores simbolistas, entre os que estaban Odilon Redon e Ferdinand Hodler.
En 1893 comezou a viaxar, a Exipto, España e Italia, e logo desta experiencia o seu estilo fíxose máis ecléctico. Volveu a París en 1904 e alí morreu en 1941.
Un dos alumnos de Émile Bernard foi o pintor sueco Ivan Aguéli.