![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/Africa_satellite_orthographic.jpg/640px-Africa_satellite_orthographic.jpg&w=640&q=50)
África subsahariana
rexión africana / From Wikipedia, the free encyclopedia
África subsahariana é unha rexión xeográfica que abrangue os países do continente africano situados ao sur do deserto do Sáhara e que non forman parte da rexión coñecida como Noráfrica.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/21/Africa_satellite_orthographic.jpg/640px-Africa_satellite_orthographic.jpg)
Dende o século XIX este territorio empezou a ser coñecido tamén coa expresión África negra por parte dos occidentais, describindo a unha zona habitada por individuos de raza negra e que non fora "descuberto" nin "colonizado" por parte dos europeos. Ese termo caeu en desuso, e foi catalogado como despectivo.
Dende o fin da última idade do xeo, o norte e a zona subsahariana atoparon no deserto do Sáhara unha fronteira natural case insalvable, salvo por pequenos escapes como o río Nilo. O termo subsahariano atopa un sinónimo en "África Tropical", intentando destacar a súa diversidade ecolóxica, aínda que a parte austral conta cun clima totalmente diverso.
África subsahariana é por moitos considerada como a rexión máis pobre do planeta, sufrindo os graves legados do colonialismo, o neocolonialismo, os conflitos étnicos e inestabilidade política. Nesta rexión sitúanse os países menos desenvoltos do planeta, con grandes debilidades estruturais. É tamén esta rexión, principalmente a zona oriental, o berce da especie humana, dende onde se iniciou o poboamento da Terra (probablemente en Etiopía ou Tanzania). Foi durante moitos anos o lugar onde se desenvolveron de maneira extraordinaria, como os imperios do Congo, Nubia, Uagadugu (en Ghana), Malí, Nok, Songhai, Kanem-Bornu, Benín e o Gran Cimbabue.