![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Shmura_Matzo.jpg/640px-Shmura_Matzo.jpg&w=640&q=50)
Ácimo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ácimo[1] ou asmo[2] é o pan feito sen lévedo, mesturando só fariña con auga para forma-la masa, á que se lle engade sal e se lle dá forma antes de metela no forno.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Shmura_Matzo.jpg/640px-Shmura_Matzo.jpg)
Denantes de se coñeceren os métodos para fermenta-la masa da fariña triga era moi popular o consumo do pan ácimo. En Arabia e o norte de África aínda é popular o pan ácimo seguindo os mesmos procedementos que se seguían hai séculos.
Os xudeus elaboran o matzá que se consome para conmemora-la saída dos israelitas de Exipto durante a celebración do Pessach, a Pascua xudía. Para a elaboración do matzá, só se poden usar cinco tipos de gra (trigo, orxo, espelta, centeo e avea) que, consonte a tradición xudía, non se poden empregar para ningún outro propósito durante a Pascua.
Na India e Paquistán elabóranse tortas ácimas chamadas chapatis.
No catolicismo, emprégase masa ácima na elaboración das hostias, que son despois consagradas durante a celebración da misa.