composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido psílico, tamén chamado ácido tritriacontanoico ou ácido ceromelísico, é un ácido graxo saturado longo de 33 carbonos.
Ácido psílico | |
---|---|
Ácido tritriacontanoico | |
Outros nomes ácido pisslosteárico, ácido tritriacontanoico, ácido ceromelísico | |
Identificadores | |
Número CAS | 38232-03-0 |
PubChem | 181572 |
ChemSpider | 157945 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C33H66O2 |
Masa molar | 494,88 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido psílico a temperatura ambiente é sólido. Íllase da cera segregada polo insecto psílido Psylla alni, parasito das árbores do xénero Alnus.[1] Tamén se illou das secrecións de Ceroplastes ceriferous e C. rubens.[2]
Os sales de álcali do ácido psílico precipitan cando se mesturan solucións alcohólicas do ácido e un hidróxido de álcali. Os sales de prata e bario poden obterse engadindo solucións acuosas de nitrato de prata e cloruro de bario a solucións alcohólicas do ácido. Analizáronse os seguintes sales: C38H65O2Na, C66H130O4Ba, e C33H65O2Ag. A cera de Psylla é hidrolizada por hidróxido de potasio alcohólico e tamén por ácido hidrobrómico.[3][4]
Unha das fontes deste ácido son as bagas de goji chinesas (Lycium barbarum ou Lycium chinense).[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.