Ácido N-acetilneuramínico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido N-acetilneuramínico (Neu5Ac ou NANA) é un aminoazucre acetilado pertencente aos azucres ácidos. É o ácido siálico predominante nos tecidos dos mamíferos. Pode considerarse como un ácido neuramínico co seu grupo amino acetilado [1][2]. O seu grupo ácido está ionizado a pH celular, polo que está cargado negativamente.
Máis información Propiedades ...
Ácido N-acetilneuramínico | |
---|---|
Nome IUPAC | Ácido (4S,5R,6R)-5-acetamido -2,4-dihidroxi-6-[(1R,2R)-1,2,3 -trihidroxipropil]oxano-2- carboxílico |
Outros nomes | Neu5Ac NANA ácido 5-(acetilamino)-3,5-didesoxi-D- glicero-α-D-galacto-non-2- ulopiranosónico |
Fórmula empírica | C11H19NO9 |
Masa molecular | 309.273 g/mol |
Estado físico/Cor | Po cristalino branco |
Número CAS | 131-48-6 |
Propiedades | |
Densidade | |
Punto de fusión | 186 °C |
Punto de ebulición | |
Solubilidade en auga |
Pechar
Atópase en glicanos complexos nas mucinas e nas glicoproteínas da membrana celular. Por exemplo, pode aparecer no queratán sulfato. As súas cargas negativas son responsables das propiedades lubricantes e esvaradías da saliva e mucinas. Tamén hai residuos de ácido N-acetilneuramínico en glicolípidos, como os gangliósidos, uns compoñentes moi importantes das membranas celulares do cerebro.