Acetilación
From Wikipedia, the free encyclopedia
A acetilación (que na nomenclatura da IUPAC se denomina etanoilación) é unha reacción que introduce un grupo funcional acetil nun composto químico. (A reacción contraria é a desacetilación, que é a retirada dun grupo acetil dun composto).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ef/Aspirin_synthesis.png/640px-Aspirin_synthesis.png)
A acetilación refírese ao proceso de introducir un grupo acetil (o que ten como resultado a formación dun grupo acetoxi) nun composto, concretamente a substitución dun átomo de hidróxeno activo por un grupo acetil. Unha reacción que implique substituír un átomo de hidróxeno pertencente a un grupo hidroxilo por un grupo acetil (CH3-CO) rende un éster específico, un acetato. O anhídrido acético utilízase comumente como axente acetilante que reacciona con grupos hidroxilo libres. Por exemplo, utilízase na síntese de aspirina e heroína.