Ácido 1,3-difosfoglicérico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido 1,3-difosfoglicérico (1,3-DPG) ou ácido 1,3-bisfosfoglicérico (1,3-BPG) é unha molécula moi importante no metabolismo, que intervén na súa forma desprotonada como 1,3-difosfoglicerato na glicólise e no ciclo de Calvin da fotosíntese.
Ácido 1,3-difosfoglicérico | |
---|---|
Ácido (2-hidrxi-3-fosfonooxi-propanoiloxi)fosfónico | |
Outros nomes 1,3-Difosfoglicerato; Glicerato-1,3-bisfosfato; Glicerato-1,3-bifosfato; 1,3-bifosfoglicerato; 3-fosfogliceroil fosfato; ácido glicérico-1,3-difosfato | |
Identificadores | |
Abreviaturas | 1,3BPG; 1,3-BPG; PGAP |
Número CAS | 1981-49-3 |
PubChem | 683 |
ChemSpider | 663 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C3H8O10P2 |
Masa molar | 266,04 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
É un ácido carboxílico de 3 carbonos, que leva dous grupos fosfato, un esterificado no carbono 3 e o outro unido ao grupo carboxilo do carbono 1, e un grupo OH no carbono 2 en posición D.[1][2] O fosfato unido ao carboxilo forma un enlace de alta enerxía.