Pireneos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Pireneos[1][2] (en aragonés: Pireneus, en castelán: Pirineos, en catalán: Pirineus, en éuscaro: Pirinioak, en francés: Pyrénées, en occitano: Pirenèus) ou o Pireneo constitúen unha cordilleira no suroeste da Europa que forma unha fronteira natural entre a Península Ibérica e Francia, e esténdense entre o mar Cantábrico (golfo de Biscaia) e o mar Mediterráneo (cabo de Creus) durante aproximadamente 415 km. Na súa parte central chega a ter uns 150 km de largo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Pireneos | |
---|---|
Os Pireneos vistos desde o espazo (imaxe da NASA) | |
Localización | |
Continente/s | Europa |
País/es | Andorra, España e Francia |
Datos | |
Principais cumes | Aneto, Posets, Monte Perdido, Viñamala |
Cota | Aneto (3404 m s. n. m.) msnm |
Lonxitude | 430 km |
Ancho | 80 km |
Pé de monte | De 600 a 1500 m |
Orientación | De oeste a leste |
Tipo | Oroxénese |
Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de Andorra entre os seus dous grandes veciños. A principal excepción a esa regra constitúea o Val de Arán, que pertence a España mais se localiza na cara norte da cordilleira. Outra anomalía orográfica inclúe a catarata de Cerdanya e o enclave español de Llívia.
A súa orixe está no pregamento alpino. Os materiais predominantes son calcarias, cuarcitas e lousas. O seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3.356 m no Monte Perdido e 3.404 m no Aneto.