Mar Cantábrico
mar litoral do océano Atlántico no norte de España e a costa suroeste de Francia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cantábrico (en asturiano: Cantábricu, en castelán: Cantábrico, en éuscaro: Kantauri, en francés: Cantabrique) é un mar litoral do océano Atlántico que baña a costa norte de España e a costa suroeste de Francia. Esténdese desde o Cabo Ortegal na provincia da Coruña, ata a desembocadura do río Adour nas costas do departamento Francés das Landes preto de Bayonne. Esta delimitación foi publicada pola Organización Hidrográfica Internacional na súa publicación Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares) en 1953, máxima autoridade internacional na materia de delimitación de mares a efecto de regular o tráfico e seguridade marítima.
Mar Cantábrico | |
---|---|
'Mer Cantabrique / Mar Cantábrico / Kantauri' | |
Localización administrativa | |
Estado | Francia España |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico, golfo de Biscaia canle da Mancha |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Afluentes | Agüera, Asón, Bidasoa, Deva, Eo, Escudo, Miera, Mera, Nalón, Nansa, Navia, Pas, Pisueña, Saja-Besaya, Sella, Piles |
Cidades ribeiregas | Xixón, Bilbao, Baiona, Donostia, Santander |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía de Santander, baía de Santoña, baía da Concha, baía de San Lorenzo (Xixón) |
Cabos | Cabo Ortegal, Estaca de Bares, cabo de Ajo, cabo Higuer, cabo Matxitxako, cabo de Peñas, cabo Vidio |
Características | |
Lonxitude máxima | 800 km |
Profundiade máxima | 4750 m |
Mapa | |
Mapa do mar Cantábrico | |
O mar Cantábrico no océano Atlántico | |
Na súa parte máis oriental, xunto ás costas do País Vasco recibe o nome de golfo de Biscaia ou tamén de golfo de Gascuña. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias da Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Biscaia, Guipúscoa e Lapurdi, esta última en Francia.