Lois XIV de Borbón[1] ou Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Lois XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Lois XIV de Francia |
Nome orixinal | (fr) Louis XIV |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 5 de setembro de 1638 Castelo de Saint-Germain-en-Laye, Francia (pt) |
---|
Morte | 1 de setembro de 1715 (76 anos) Palacio de Versalles, Francia |
---|
Causa da morte | Gangrena |
---|
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
---|
|
|
Rei de Francia e de Navarra |
---|
|
|
14 de maio de 1643 – 1 de setembro de 1715 ← Lois XIII de Francia – Lois XV de Francia → |
15º Copríncipe francés de Andorra |
---|
14 de maio de 1643 – 1 de setembro de 1715 ← Lois XIII de Francia – Lois XV de Francia → |
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Palacio de Versalles |
---|
País de nacionalidade | Reino de Francia |
---|
Ideoloxía política | Absolutismo |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | político , monarca , actor , coleccionista de arte , estadista |
---|
Período de tempo | Reino da França (pt) |
---|
Membro de | |
---|
Lingua | Lingua francesa e lingua castelá |
---|
Outro |
---|
Título | Rei de Francia e de Navarra |
---|
Familia | Casa de Bourbon na França (pt) e Dinastía Borbón |
---|
Cónxuxe | Françoise d'Aubigné (1683, 1684–1715) María Tareixa de Austria e Borbón (1660–1683), morte do cónxuxe |
---|
Parella | Paulina hyuga Carlota Catarina de Gramont (pt) Anne-Madeleine de Conty d'Argencourt (pt) Bonne de Pons d'Heudicourt (en) Anne de Rohan-Chabot (en) Isabelle de Ludres (pt) Olympe Mancini (pt) Catherine Bellier (en) Maria Mancini Francisca Atenas (pt) Claude de Vin des Œillets (pt) Maria Angélica de Scorailles (pt) |
---|
Fillos | Luís, o grande delfim de França (pt) () María Tareixa de Austria e Borbón Louise de Maisonblanche (en) () Claude de Vin des Œillets (pt) Maria Ana de Bourbon (pt) () Paulina hyuga Luísa Maria Ana de Bourbon (pt) () Francisca Atenas (pt) Luís César de Bourbon (pt) () Francisca Atenas (pt) Charles de La Baume Le Blanc (en) () Paulina hyuga unknown son Bourbon (en) () Francisca Atenas (pt) Philippe de Bourbon (en) () Paulina hyuga unknown son (?) (en) () Maria Angélica de Scorailles (pt) louise Françoise de Bourbon (en) () Francisca Atenas (pt) Luís de Bourbon, conde de Vermandois (pt) () Paulina hyuga Luísa Francisca de Bourbon (pt) () Francisca Atenas (pt) Felipe Carlos de França (pt) () María Tareixa de Austria e Borbón Maria Teresa de França (pt) () María Tareixa de Austria e Borbón Luís Augusto de Bourbon, duque de Maine (pt) () Francisca Atenas (pt) Ana Isabel de França (pt) () María Tareixa de Austria e Borbón Louis-François de France (pt) () María Tareixa de Austria e Borbón Maria Ana de França (pt) () María Tareixa de Austria e Borbón Francisca Maria de Bourbon (pt) () Francisca Atenas (pt) Louis Alexandre de Bourbon (pt) () Francisca Atenas (pt) |
---|
Pais | Lois XIII de Francia e Ana de Austria |
---|
Irmáns | Filipe I, Duque de Orleães (pt) |
---|
Cronoloxía |
---|
|
1649 | Primeira comunhão (pt) (Igreja de Santo Eustáquio (pt) )
|
|
Premios |
|
|
|
|
|
|
Pechar
Coñecido como o Rei Sol (le Roi Soleil) ou Lois o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Lois XIII e de Ana de Austria (filla do rei Filipe III de España). Lois XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a guerra de Holanda, a guerra dos Nove Anos e a guerra de Sucesión española.
Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Lois XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Lois tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Lois representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Lois XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").