Jean-Luc Godard
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean-Luc Godard, nado en París o 3 de decembro de 1930 e finado en Rolle (Suíza) o 13 de setembro de 2022,[1] foi un director de cine franco-suízo. Ten cultivado un cine vangardista, experimental e é considerado un dos membros mais influentes da "nouvelle vague". A súa primeira longametraxe, O final da escapada, obtivo un gran recoñecemento no Festival de Cannes de 1959, malia que non acadou ningún dos premios.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
O cine de Godard caracterízase pola súa irreverencia e rebeldía respecto á montaxe considerada clásica, hai quen o conceptualiza coma un exhibicionista, porén, consolídase coma un referente dentro do cine moderno e en especial dentro da chamada "nova onda" do cine francés.