Tío
irmán ou cuñado do pai ou da nai / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tío é un parentesco ou relación familiar masculina dentro dunha familia estendida ou inmediata. Un tío é o irmán, medio irmán ou cuñado dun pai. Un tío biolóxico é un parente de sexo masculino de segundo grao que comparte o 25% de superposición xenética. Con todo, persoas que non son un tío biolóxico, son, ás veces, cariñosamente chamadas como un tío, como título de admiración e respecto.[1]
Unha muller coa relación equivalente dun tío é unha tía. A relación recíproca a ambos destes é a dun sobriño ou sobriña.
Un tío avó é o irmán ou cuñado dun avó.[1]