Faro de Punta Atalaia
faro na punta Atalaia (Lieiro, Cervo) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O faro de Punta Atalaia é un faro situado na costa cantábrica galega. Sitúase na punta Atalaia na costa de San Cibrao, parroquia de Lieiro, no concello de Cervo.
Datos xerais | |
---|---|
Localización xeográfica | Punta Atalaia |
Localización municipal | Cervo, provincia de Lugo |
Construción | 1860 |
Datos técnicos - faro en uso | |
Código internacional | D1676 |
Descrición | Torre circular |
Altura sobre o nivel do mar | 41 metros |
Altura sobre o terreo | 14 metros |
Características | FI(5) W 20s |
Período | (0.3+<2.2>)*4+0.3+<9.7>=20 |
Alcance | 15 millas náuticas |
A súa aprobación data do 23 de xullo de 1861, non empezando a operar ata case tres anos despois, o 30 de maio de 1864, dentro de 'Plan general para el alumbrado marítimo de las costas y puertos de España'[1], acadando a súa luz as nove millas e prestando servizo ó porto, daquela con tráfico das fábricas de Sargadelos. Foi construído en forma cuadrangular, cunha torre de pedra tronco-cónica que mira ó norte, elevándose 37 m. sobre o nivel do mar. No ano 1927, a antiga torre foi substituída por unha de metal, e a lanterna por outra cilíndrica de 1,8 m de diámetro. Dous anos despois, a instalación dun gasóxeno permitiu acadar as 12 millas, e no 1953 electrificouse.
No presente, e a raíz da instalación da fábrica de alumina-aluminio, foi construído un novo faro no ano 1979, situado a beira do anterior, en formigón, elévandose 94 metros sobre o nivel do mar e cun un alcance de 20 millas.
Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Desde 2008 é supervisado de xeito remoto.