Cultura castrexa
cultura prehistórica no noroeste da península Ibérica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura asociada cos galaicos e ástures.
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario O Breixo (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 1 segundo. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Datos rápidos Historia de Galicia, Prehistoria ...
Pechar
A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.[1] A área cultural estendíase cara ao leste ata o río Cares e cara ao sur ata o baixo val do río Douro, tendo como núcleo os vales do río Ave, do río Limia e do río Miño.