Bad Robot Productions
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bad Robot Productions (anteriormente coñecida soamente como Bad Robot) é unha produtora de cine e televisión propiedade de J. J. Abrams. É responsable de series de televisión como Alias, Lost, What About Brian, Six Degrees, Fringe, Undercovers, Person of Interest, Alcatraz, Revolution, e dos filmes Cloverfield, Star Trek, Super 8, Misión Imposible: Protocolo fantasma.
Bad Robot Productions | |
---|---|
Fundación | 1998 |
Localización | Estados Unidos |
Persoas clave | J. J. Abrams e Bryan Burk |
Industria | Produción televisiva e cinematográfica |
Na rede | |
http://www.badrobot.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bad Robot era orixinalmente parte de Touchstone Television, pero J. J. Abrams moveuna a Paramount Pictures e Warner Bros. Television, logo de que o seu contrato con Touchstone expirase no 2006. Bad Robot produciu Lost en asociación con ABC Studios, antigamente Touchstone Television. As dúas compañías tamén produciron conxuntamente Six Degrees e What About Brian.
Abrams é presidente/director executivo e Bryan Burk é o vicepresidente executivo da compañía.