Fringe
serie de televisión de ciencia ficción estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Non confundir con The Fringe.
Logo de Fringe. | |
Xénero | Ciencia ficción Drama sobrenatural[1] |
---|---|
Creado por | J. J. Abrams Alex Kurtzman Roberto Orci |
Intérpretes | Anna Torv Joshua Jackson John Noble Jasika Nicole Lance Reddick Blair Brown Kirk Acevedo Seth Gabel Mark Valley |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 5 |
Episodios | 100 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) | J. J. Abrams Bryan Burk Alex Kurtzman Roberto Orci J. H. Wyman Jeff Pinkner Joe Chappelle |
Localización(s) | Toronto, Ontario ("Pilot") Nova York (temporada 1) Vancouver, Columbia Británica (temporadas 2–5) |
Duración | 81 minutos ("Pilot") 50 minutos (temporada 1) 43 minutos (temporadas 2–5) |
Distribuidor | Bad Robot Productions Warner Bros. Television |
Canle de orixe | Fox |
Formato de imaxe | 720p (HDTV) |
Formato de son | Dolby Digital 5.1 |
Primeiro episodio | 9 de setembro de 2008 |
Derradeiro episodio | 18 de xaneiro de 2013 |
Na rede | |
https://www.fox.com/fringe | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fringe é unha serie de televisión de ciencia ficción estadounidense creada por J.J. Abrams, Alex Kurtzman e Roberto Orci. A serie tivo a súa estrea o 9 de setembro de 2008 na cadea Fox e rematou as súas emisións o 18 de xaneiro de 2013, tras cinco temporadas e 100 episodios. A historia xira ao redor de Olivia Dunham (Anna Torv), Peter Bishop (Joshua Jackson) e Walter Bishop (John Noble), membros dun equipo de investigación, a División Fringe, pertencente ao Federal Bureau of Investigation e con base en Boston, Massachusetts baixo a supervisión do Departamento de Seguridade Nacional. O equipo emprega técnicas de investigación do FBI e da ciencia límite para resolver unha serie de acontecementos inexplicables que gardan relación cun universo paralelo. A serie foi descrita como un híbrido de The X-Files, Altered States e The Twilight Zone.
O formato da serie combina elementos dos dramas procedimentais, así como dos seriais. A serie comezou dun xeito tradicional co "misterio da semana" para facerse máis serial co paso das temporadas. Con todo, a meirande parte dos episodios conteñen unha trama independente, contando con varios episodios que exploran a mitoloxía da serie.
As primeiras críticas da primeira temporada eran displicentes, pero fixéronse máis favorables co paso das temporadas, a medida que a serie exploraba a súa mitoloxía, incluíndo os universos paralelos e as liñas do tempo alternativas. Tanto o programa como o elenco e o equipo foron nomeados a moitos premios importantes.
En Galicia, a TVG comezou as emisións de Fringe na súa versión dobrada ao galego desde o 5 de xullo de 2011. A partir do 28 de setembro de 2011, a tvG2 pasou a ofrecer os novos episodios.[2] Ata xullo de 2016, a tvG2 unicamente emitiu as tres primeiras temporadas e sucesivas reposicións das mesmas. O 18 de xullo de 2016 pasou a emitir capítulos de estrea da cuarta temporada.