Adam Smith
economista e filósofo escocés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Adam Smith, nado en Kirkcaldy en 1723[1] e finado o 17 de xullo de 1790, foi un economista, filósofo escocés,[n. 1] pioneiro da economía política e figura clave da Ilustración escocesa,[3] considerado un dos maiores expoñentes da economía clásica. Considerado o "pai da economía"[4] ou o "pai do capitalismo",[5] Smith escribiu dúas obras clásicas, The Theory of Moral Sentiments (1759) e A riqueza das nacións (1776). Este último, está considerado a súa obra magna e o primeiro traballo moderno de economía. Nesta obra, Smith introduciu a súa teoría da vantaxe absoluta.[6]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1723 (<16 de xuño de 1723) Kirkcaldy (pt) |
Morte | 17 de xullo de 1790 (66/67 anos) Edimburgo |
Lugar de sepultura | Canongate Kirkyard (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Relixión | Deísmo |
Educación | Universidade de Glasgow Balliol College, Oxford (pt) |
Director de tese | Francis Hutcheson (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía, Ética, filosofía política, economic theory (en) , liberalismo económico, filosofía e Ilustración |
Lugar de traballo | Escocia |
Ocupación | economista , profesor universitario , moralista , escritor , escritor de non ficción , filósofo , editor |
Período de actividade | 1748 - |
Empregador | Universidade de Glasgow (1751–1763) Universidade de Edimburgo |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Adam Smith (en) e Margaret Douglas |
Premios | |
Adam Smith baseaba o seu ideario no sentido común. Fronte ao escepticismo, defendía o acceso cotián e inmediato a un mundo exterior independente da conciencia. Este pensador escocés cría que o fundamento da acción moral non se basea en normas nin en ideas nacionais, senón en sentimentos universais, comúns e propios de todos os seres humanos.[7] A riqueza das nacións foi un precursor da moderna disciplina académica da economía. Neste e noutros traballos, desenvolveu o concepto de división do traballo e expuxo como o interese e a competencia racionais poden levar á prosperidade económica. Smith foi controvertido no seu día e o seu enfoque xeral e estilo de escritura foron a miúdo satirizados por escritores como Horace Walpole.[8]