![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/%25C3%2589douard_Philippe_%25C3%25A0_Ch%25C3%25A2lons-en-Champagne_en_2023._%2528cropped%2529.jpg/640px-%25C3%2589douard_Philippe_%25C3%25A0_Ch%25C3%25A2lons-en-Champagne_en_2023._%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Édouard Philippe
político francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Édouard Philippe, nado en Ruán o 28 de novembro de 1970, é un político francés. Ocupou o cargo de primeiro ministro de Francia dende o 15 de maio de 2017 ata o 3 de xullo de 2020.[1]
Formado do Instituto de Estudos Políticos de París e na Escola Nacional de Administración (ENA), apoiou nos anos 90 ao Partido Socialista de Michel Rocard, dando máis tarde un xiro á dereita. En 2002 participou na creación da Unión por un Movemento Popular (UMP), despois de ser chamado por Alain Juppé. Foi membro do equipo deste último no Ministerio de Ecoloxía dende maio de 2007 e incorporouse á compañía Areva tras a derrota de Alain Juppé nas eleccións lexislativas de xuño.
Despois de exercer varios mandatos locais, foi elixido alcalde de Le Havre e presidente da Comunidade da Aglomeración de Le Havre (CODAH) en 2010, e en 2012 foi elixido deputado da Asemblea Nacional.
Foi portavoz de Alain Juppé durante as primarias da dereita e do centro de 2016, apoiando a François Fillon, pero retirouse da campaña presidencial cando foi acusado de empregos ficticios. Foi entón elixido polo novo presidente, Emmanuel Macron, para liderar un primeiro goberno, e un segundo despois das eleccións lexislativas de 2017.