![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/%25C3%2581rbore_xeneal%25C3%25B3xica_Losada.png/640px-%25C3%2581rbore_xeneal%25C3%25B3xica_Losada.png&w=640&q=50)
Árbore xenealóxica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha árbore xenealóxica é unha táboa xenealóxica que amosa datos xenealóxicos dun suxeito ou dun matrimonio dun xeito organizado e sistemático. A árbore pode ser ascendente, é dicir que amosa os antergos do suxeito de estudo, ou pode ser descendente, amosando, logo, a súa descendencia. A imaxe da árbore para ilustrar as relacións de parentesco data da Idade Media. Ás veces, a árbore refírese só á liñaxe masculina, é dicir, sen incluír a descendencia das fillas casadas; ou, pola contra, só a feminina. Hai diferentes métodos de representar ás árbores xenealóxicas, sendo o máis sonado o sistema de numeración de Sosa-Stradonitz.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/%C3%81rbore_xeneal%C3%B3xica_Losada.png/640px-%C3%81rbore_xeneal%C3%B3xica_Losada.png)