Map Graph

Museos Capitolinos

Os Museos Capitolinos é un museo que contén un grupo de museos de arte e arqueoloxía situado na Piazza del Campidoglio, sobre o outeiro Capitolino de Roma, Italia. Os edificios históricos dos museos son o Palazzo dei Conservatori e o Palazzo Nuovo, un fronte ó outro na praza trapecial nun plan concibido por Michelangelo en 1536 e executado nun período de máis de 400 anos. A historia dos museos remóntase a 1471, cando o papa Sisto IV doou unha colección de importantes bronces antigos ó pobo de Roma e os situou no monte Capitolino. Dende entón, a colección dos museos medrou até incluír un gran número de estatuas romanas, inscricións e outros utensilios; unha colección de arte medieval e do Renacemento; e coleccións de xemas, moedas e outros obxectos. Os museos son propiedade do concello de Roma.

Read article
Ficheiro:Muzeum_Kapitolinskie.JPG