Manizales
concello e cidade do departamento de Caldas, ColombiaManizales é un concello colombiano, capital do departamento de Caldas. Atópase no centro oeste de Colombia, na rexión paisa, sobre a Cordilleira Central dos Andes, preto do Nevado do Ruiz. Ten unha superficie de 571,84 km² e 400 154 habitantes (2018). Forma parte do chamado Triángulo do café. Ten unha poboación de aproximadamente 398 874 habitantes de acordo ás proxeccións demográficas oficiais para o ano 2017; a súa área metropolitana conformada polos concellos de Manizales, Neira, Chinchiná, Villamaría e Palestina chega a unha poboación próxima aos 557 060 habitantes, e é tamén coñecida como a subrexión Centrosur de Caldas. Forma parte, xunto con Risaralda, Quindío, o noroeste de Tolima, o Norte do Val e o suroeste antioqueño do eixo cafetero colombiano.