Remove ads
concello e cidade do departamento de Caldas, Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
Manizales é un concello colombiano, capital do departamento de Caldas. Atópase no centro oeste de Colombia, na rexión paisa, sobre a Cordilleira Central dos Andes, preto do Nevado do Ruiz. Ten unha superficie de 571,84 km²[1] e 400 154 habitantes (2018).[2][3] Forma parte do chamado Triángulo do café. Ten unha poboación de aproximadamente 398 874 habitantes de acordo ás proxeccións demográficas oficiais para o ano 2017; a súa área metropolitana conformada polos concellos de Manizales, Neira, Chinchiná, Villamaría e Palestina chega a unha poboación próxima aos 557 060 habitantes, e é tamén coñecida como a subrexión Centrosur de Caldas. Forma parte, xunto con Risaralda, Quindío, o noroeste de Tolima, o Norte do Val e o suroeste antioqueño do eixo cafetero colombiano.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Caldas | ||||
Subrexión | Centro Sur | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 454.494 (2023) (794,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 571,84 km² | ||||
Altitude | 2.200 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 12 de outubro de 1849 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 170001–170017 | ||||
Prefixo telefónico | 606 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | manizales.gov.co |
Fundada en 1849 por colonos antioqueños, hoxe é unha cidade con actividades económicas, industriais, culturais e turísticas.[4] Da súa actividade cultural son de resaltar a Feira de Manizales, o Festival Internacional de Teatro de Manizales, sendo a cidade teatral máis importante na historia de Colombia e o Festival Manizales Grita Rock.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.