Map Graph

Candelaria

Candelaria é un municipio e cidade española pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias. Está situado na vertente sueste da illa de Tenerife. O municipio atópase a vinte quilómetros ao sur da capital; Santa Cruz de Tenerife. É un lugar de frecuentes peregrinacións por atoparse nesta vila a imaxe da Patroa das Canarias, a Virxe da Candeloria. O municipio de Candelaria ten unha grande importancia non só relixiosa, senón tamén histórica, pois nel uníronse as culturas guanche e castelá contorna á imaxe da Virxe de Candelaria. Pertence á comarca do Val de Güímar, da cal é capital económica, aínda que non histórica xa que este título confíreselle a Güímar, municipio ao que Candelaria pertenceu desde sempre xunto cos veciños Arafo e Fasnia.

Read article
Ficheiro:Bandera_de_Candelaria_TF.jpgFicheiro:Candelaria_escudo.pngFicheiro:Tenerife_municipio_Candelaria.svgFicheiro:Tenerife.candelaria.exterior.basilica.jpg