Substantivo feminino
vista (sg: vista; pl: vistas)
- Sentido polo que o home e os animais perciben a forma e máis a cor dos obxectos, debido á luz que reflicten as superficies que o compoñen, e os ollos interpretan a radiación electromagnética que emiten dentro dun espectro visible.
- Exemplo: Coa idade, a vista comeza a fallar. Ten unha vista de lince.
- Os ollos, como portadores deste sentido.
- Exemplo: Dirixir a vista cara ao teito. Ten a vista torcida
.
- Conxunto de cousas que se perciben visualmente desde o lugar onde un está situado.
- Exemplo: Desde o balcón ofrécese aos nosos ollos unha fermosa vista
. paisaxe, panorama
- Fotografía, debuxo, cadro etc., que representa unha paisaxe.
- Exemplo: Unha vista aérea da illa da Toxa
.
- Calidade para percibir ou intuír cousas que outros non intúen.
- Exemplo: Que vista tivo! Fíxoche un bo negocio ao investir nesa empresa
.
- Aparencia, aspecto ou disposición das cousas que se ven.
- {{exemplo|Colocados así os mobles teñen mellor vista.
- (Dereito) Actuación na que se fai relación ante un tribunal dun xuízo, para pronunciar sentenza, oíndo ao fiscal, e aos defensores ou interesados que a ela concorran.
- Exemplo: O martes vai comezar a vista polo asasitato
.