Substantivo masculino
respecto (sg: respecto; pl: respectos)
- Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou unha cousa.
- Exemplo: Xa non hai respecto polos maiores! As imaxes sagradas merecen respecto. Sempre tivo moito respecto polas ideas dos seus adversarios
.
- Feito ou circunstancia de obedecer unha norma, regra ou lei.
- Exemplo: O respecto do código é necesario para evitar o caos da circulación
.
- Sentimento de inquietude que se experimenta ante algo perigoso.
- Exemplo: Tenlle moito respecto a saltar en paracaídas
.
Termos relacionados
- a respecto de, ao respecto, campar alguén polo seu respecto, con respecto a, respectado, respectar, respecto a, respecto de, respecto humano