Substantivo feminino singular
orde (sg: orde; pl: ordes)
- Organización, disposición das cousas ou persoas no lugar que lles convén.
- Sistema para facer algo.
- Categoría na que se clasifica as cousas ou persoas.
- Situación social de estabilidade en que son respectadas as institucións e as leis.
- Sistema de leis, institucións etc., que rexen a organización política, xurídica, económica etc., dunha sociedade.
- Grupo de persoas sometidas a certas regras profesionais ou morais.
- Obriga de facer algo imposta por alguén.
- Cada unha das institucións civís ou militares creadas para premiar por medio de condecoracións ás persoas con méritos relevantes.
- Exemplo: Orde de Afonso X o Sabio
.
- (Arquitectura) Sistema de relacións fixas entre os elementos dun edificio, polo que se clasifican os diferentes estilos na arquitectura.
.
- (Bioloxía) En bioloxía, categoría taxonómica situada entre a clase e a familia.
- Exemplo: Os artiodáctilos son unha orde de mamíferos.
- Observacións: En zooloxía, é unha das categorías taxonómicas de uso obrigatorio, segudo o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.
- (Catolicismo) Sexto sacramento da Igrexa católica polo que son instituídos os sacerdotes.
- Exemplo: O bispo administroulle o sacramento da orde
.
- (Catolicismo) Un dos graos dentro da xerarquía clerical católica.
- Exemplo: Ordes maiores. Ordes menores
.
- (Relixión) Asociación de persoas unidas por votos de relixión que seguen unha regra común.
- Exemplo: As ordes relixiosas construíron moitos mosteiros
.