Substantivo masculino
marco (sg: marco; pl: marcos)
- (Agricultura) Pedra espetada no chan coa que se indican os lindes dunha leira.
- Exemplo: De marco a marco non hai arco.
- (Economía) Unidade monetaria utilizada en Alemaña e Finlandia ata o ano 2002, momento da implantación do euro.
- Exemplo: O café custaba dous marcos.
- Cerco de madeira ou calquera outro material que enmarca un cadro, un espello, unha porta etc.
- Exemplo: Vale máis o marco que o cadro.
- Exemplo: Por ir correndo esnafrouse contra o marco da porta.
- (Figurado) Medio no que se desenvolve un feito.
- Exemplo: O marco de desconfianza entre os dous líderes frustrou calquera acordo.
Termos relacionados
- enmarcar (3)
- marco quilométrico (1)