Verbo transitivo Estar algo nunha relación de identidade ou igualdade con outra que se expresa. Exemplo: A súa versión dos feitos corresponde á realidade. Ser algo do interese, obriga, pertenza, etc., da persoa que se expresa. Exemplo: Agora correspóndeme entrar a min. Dáme a parte dos cartos que me corresponde. A ti non che corresponde opinar neste asunto. Algo ser propio de ou para o sitio que se expresa ou da época, tendencia etc., que se expresan. Exemplo: Eses cadros corresponden á "época azul" de Picasso. Uns sucesos que corresponden á época da ditadura . Dar ou facer algo como resposta a un sentimento, a un aceno ou a outra cousa xa recibida. Exemplo: Correspondeu cun agasallo ao favor que lle fixo. Correspondín ao seu saúdo cunha sonrisa. Observacións Na 2ª acepción son sinónimos tocar, pertencer, atanguer, atinxir, concernir, incumbir. Na 3ª acepción é sinónimo pertencer. Wikiwand - on Seamless Wikipedia browsing. On steroids.