All
Articles
Dictionary
Quotes
Map
Substantivo feminino
Peza principal dunha casa , en particular , onde se dorme .
.
Recinto , compartimento ou espazo oco cunha función determinada dentro dun mecanismo ou dunha instalación .
Exemplo: '[...] e deslizándose sucesivamente dos brazos menores aos maiores, vólvese cara a cámara dereita ou ventrículo do corazón, necesitando purificacion e renovacion parcial
Exemplo: Cámara de aire dun pneumático. Cámara de carga dunha escopeta. Cámara frigorífica dun supermercado .
Cavidade delimitada por paredes de orixe natural ou artificial .
Aparello capaz de rexistrar imaxes , fixas ou en movemento , para despois seren reproducidas .
{{exemplo|Cámara de cine . Cámara de fotos .
Cada unha das asembleas de representantes que forman o Parlamento .
Exemplo: O Parlamento galego ten unha soa cámara .
Organización oficial que se ocupa de determinados intereses , principalmente comerciais .
Exemplo: Cámara de comercio, industria e navegación. Cámara da propiedade .
Cada un dos corpos titulares do poder lexislativo .
Exemplo: A Cámara dos deputados .
(Historia ) No palacio do rei de España , peza onde só tiñan entrada os xentilhomes e axudas de cámara, os embaixadores e algunhas outras persoas .
Exemplo: Antes da guerra de Lepanto Filipe II convocou na súa cámara os embaixadors dos países aliados .
Cada un dos departamentos que, nos buques de guerra , destínase ao aloxamento dos xenerais , xefes e oficiais e, nos mercantes , ao da oficialidade ou ao servizo común dos pasaxeiros .
Exemplo: O almirante convocou a todos os oficiais na súa cámara .
Compartimento que ten comunicación nos fornos metalúrxicos , para condensar ou transformar as substancias volatilizadas .
Nas armas de fogo , espazo que ocupa a carga .
Anel tubular de goma , que forma parte dos pneumáticos e está provisto dunha válvula para inxectar aire a presión .
Especie de globo ou vexiga de goma cunha boquilla pola que se infla con aire a presión e que vai aloxada no coiro dalgúns balóns de deportes .