Substantivo feminino
armadura
(sg: armadura; pl: armaduras)
- Conxunto de pezas de defensa coas que se revestían os antigos combatentes.
- Peza ou conxunto de pezas que forman a estrutura dun obxecto.
- Estrutura, case sempre de ferro ou aceiro, que soporta a cuberta dun edificio.
- Conxunto de barras de ferro que forman o esqueleto dunha peza de formigón armado que quedan somerxidas dentro da masa do formigón.
- Peza metálica ou conxunto de pezas concibidas para seren sometidas á acción dun imán ou dun electroimán.
- Cada unha das placas metálicas que fan de eléctrodo nun condensador.