político irlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Éamon de Valera, de nome completo Edward George de Valera, en irlandés Éamonn de Bhailéara, nado o 14 de outubro de 1882 en Nova York e finado o 29 de agosto de 1975, foi un político irlandés, un auténtico líder nacional desde 1916, tempos de loita pola independencia contra o Reino Unido, ata 1973, cando se retirou da política. Foi líder da oposición republicana ao tratado Angloirlandés durante a guerra civil irlandesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1882 Manhattan, Estados Unidos de América |
Morte | 29 de agosto de 1975 (92 anos) Dublín, Irlanda |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Glasnevin 53°22′20″N 6°16′40″O |
Presidente de Irlanda | |
25 de xuño de 1959 – 24 de xuño de 1973 ← Seán T. O'Kelly (pt) – Erskine Hamilton Childers → | |
Teachta Dála | |
20 de marzo de 1957 – 23 de xuño de 1959 Lexislatura: 16th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1957 Irish general election (en) | |
Taoiseach | |
20 de marzo de 1957 – 23 de xuño de 1959 ← John A. Costello (en) – Seán Lemass (mul) → | |
Teachta Dála | |
2 de xuño de 1954 – 13 de decembro de 1956 (disolución do parlamento) Lexislatura: 15th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1954 Irish general election (en) | |
Taoiseach | |
13 de xuño de 1951 – 2 de xuño de 1954 ← John A. Costello (en) – John A. Costello (en) → | |
Teachta Dála | |
13 de xuño de 1951 – 23 de abril de 1954 (disolución do parlamento) Lexislatura: 14th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1951 Irish general election (en) | |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: Irlanda 13 de agosto de 1949 – 1 de febreiro de 1951 | |
Teachta Dála | |
18 de febreiro de 1948 – 2 de maio de 1951 (disolución do parlamento) Lexislatura: 13th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1948 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
9 de xuño de 1944 – 11 de decembro de 1947 (disolución do parlamento) Lexislatura: 12th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1944 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
1 de xullo de 1943 – 10 de maio de 1944 (disolución do parlamento) Lexislatura: 11th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1943 Irish general election (en) | |
Minister for Housing, Local Government and Heritage (en) | |
15 de agosto de 1941 – 18 de agosto de 1941 ← P. J. Ruttledge (en) – Seán MacEntee → | |
Minister for Education (Ireland) (en) | |
27 de setembro de 1939 – 18 de xuño de 1940 ← Seán T. O'Kelly (pt) – Thomas Derrig (en) → | |
Teachta Dála | |
30 de xuño de 1938 – 26 de maio de 1943 (disolución do parlamento) Lexislatura: 10th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1938 Irish general election (en) | |
Taoiseach | |
29 de decembro de 1937 – 18 de febreiro de 1948 ← President of the Executive Council of the Irish Free State (en) – John A. Costello (en) → | |
Teachta Dála | |
21 de xullo de 1937 – 25 de maio de 1938 (disolución do parlamento) Lexislatura: 9th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1937 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
8 de febreiro de 1933 – 14 de xuño de 1937 (disolución do parlamento) Lexislatura: 8th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1933 Irish general election (en) | |
Minister for Foreign Affairs (Ireland) (en) | |
9 de marzo de 1932 – 18 de febreiro de 1948 ← Patrick McGilligan (en) – Seán MacBride (pt) → | |
President of the Executive Council of the Irish Free State (en) | |
9 de marzo de 1932 – 29 de decembro de 1937 ← W. T. Cosgrave (pt) – Taoiseach → | |
Teachta Dála | |
9 de marzo de 1932 – 22 de decembro de 1932 (disolución do parlamento) Lexislatura: 7th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1932 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
11 de outubro de 1927 – 17 de decembro de 1931 (disolución do parlamento) Lexislatura: 6th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: September 1927 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
23 de xuño de 1927 – 16 de agosto de 1927 (disolución do parlamento) Lexislatura: 5th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: June 1927 Irish general election (en) | |
Leader of Fianna Fáil (en) | |
23 de marzo de 1926 – 23 de xuño de 1959 – Seán Lemass (mul) → | |
Teachta Dála | |
19 de setembro de 1923 – 20 de maio de 1927 (disolución do parlamento) Lexislatura: 4th Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1923 Irish general election (en) | |
Teachta Dála | |
9 de setembro de 1922 – 9 de agosto de 1923 (disolución do parlamento) Lexislatura: 3rd Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1922 Irish general election (en) | |
President of the Irish Republic (en) | |
26 de agosto de 1921 – 9 de xaneiro de 1922 – Arthur Griffith → | |
Teachta Dála | |
16 de agosto de 1921 – 8 de xuño de 1922 (disolución do parlamento) Lexislatura: 2nd Dáil (en) Circunscrición electoral: Clare Electo en: 1921 Irish elections (en) | |
President of Dáil Éireann (en) | |
1 de abril de 1919 – 9 de xaneiro de 1922 ← Cathal Brugha – Arthur Griffith → | |
Teachta Dála | |
21 de xaneiro de 1919 – 10 de maio de 1921 (disolución do parlamento) Lexislatura: 1st Dáil (en) Circunscrición electoral: East Clare (en) Electo en: 1918 Irish general election (en) | |
Membro do 31º Parlamento do Reino Unido | |
14 de decembro de 1918 – 26 de outubro de 1922 (disolución do parlamento) Lexislatura: 31º Parlamento do Reino Unido (pt) Circunscrición electoral: East Clare (en) Electo en: 1918 United Kingdom general election (en) | |
Membro do 31º Parlamento do Reino Unido | |
14 de decembro de 1918 – 26 de outubro de 1922 (disolución do parlamento) Lexislatura: 31º Parlamento do Reino Unido (pt) Circunscrición electoral: East Mayo (en) Electo en: 1918 United Kingdom general election (en) | |
Membro do 30º Parlamento do Reino Unido | |
10 de xullo de 1917 – 25 de novembro de 1918 (disolución do parlamento) Lexislatura: 30º Parlamento do Reino Unido (pt) Circunscrición electoral: East Clare (en) Electo en: UK Parliamentary by-election (en) | |
Member of the Parliament of Northern Ireland (en) | |
Embaixador | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Royal University of Ireland (en) C.B.S. Charleville (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | matemático, diplomático, político |
Partido político | Fianna Fáil (1926–) Sinn Féin (–1926) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Alzamento de Pascua Guerra de Independencia irlandesa Guerra Civil Irlandesa |
Familia | |
Cónxuxe | Sinéad De Valera (1910–) |
Fillos | Vivion de Valera, Máirin de Valéra, Éamon de Valera, Brian de Valera, Rúaidhrí de Valera, Emer de Valera, Terry de Valera |
Pais | Juan Vivion de Valera e Catherine Coll |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Thom's Irish Who's Who (en) 1922 Encyclopædia Britannica (en) |
Matemático, mestre e político, serviu como xefe do goberno irlandés en tres ocasións, como o segundo Presidente do Consello Executivo (nome orixinal para o Primeiro Ministro) e o primeiro Taoiseach (Primeiro Ministro desde 1937). Terminou a súa carreira política como Presidente de Irlanda, cumprindo dous mandatos desde 1959 ata 1973. Foi tamén chanceler da Universidade Nacional de Irlanda desde 1922 a 1975.
Bautizado como Edward, naceu no Hospital de Infancia e Enfermería de Nova York en 1882 dunha nai irlandesa, Kate Coll, natural do condado de Limerick e de Juan Vivion de Valera, escultor hispano-cubano con intereses económicos en Cuba. En 1885, ao morrer seu pai, marchou cun tío seu a Irlanda, á casa duns familiares en Knokmore, escolarizouse na escola pública de Bruree e posteriormente na escola da Congregación dos Irmáns Cristiáns de Charleville. Ós dezaseis anos recibiu unha bolsa de estudo para acudir ao Blackrock College en Dublín, destacou como estudante e como xogador de rugby e crícket. Profesor de matemáticas no Rockwell College en 1903 gradouse ao ano seguinte en matemáticas na Universidade Real de Irlanda e deu clases no Belvedere College e no Carysfort College, centro para formación de profesoras de primaria. Tamén ensinou no Seminario de Maynooth.
Entusiasta da lingua irlandesa inscribiuse en 1908 no Ardchraobh da Liga Gaélica e alí coñeceu a Sinéad Flanagan con quen casou en 1910, partidario da autonomía uniuse aos Óglaigh na hÉireann cando esta organización se formou en novembro de 1913, capitán da compañía de Donnybrook (distrito de Dublín) mentres se preparaba un levantamento armado foi nomeado comandante do terceiro batallón e axudante da brigada de Dublín e entrou na organización secreta Irmandade Irlandesa Republicana.
O 24 de abril de 1916 produciuse o levantamento de Pascua, De Valera mandaba a gornición de Boland's Mill e resistiu durante sete días ata que Pádraig Pearse ordenou renderse. Xulgado por un tribunal militar, foi condenado a morte, inda que indultado o 9 de maio de 1916, quizais a causa de ser el cidadán norteamericano. Liberado en xuño de 1917 nunha amnistía, volveu para Irlanda e uniuse ao Sinn Féin. Foi elixido membro da Cámara dos Comúns en 1917 e presidente do Sinn Féin, que obtivo 73 dos 104 parlamentarios irlandeses nas eleccións xerais de 1918. En maio de 1918 volveu para o cárcere pola campaña do Sinn Féin contra a ampliación a Irlanda do servizo militar obrigatoria e non puido asistir á xuntanza na que os parlamentarios do Sinn Féin se constituían en Parlamento de Irlanda (Dáil Éireann), elixindo un goberno. En febreiro de 1919 fuxiu do cárcere e en marzo foi nomeado Príomh Aire, equivalente a primeiro ministro. En xuño de 1919 entrou nos Estados Unidos para realizar unha campaña de propaganda para recadar fondos, conseguindo 6 millóns de dólares, entrementres en Irlanda o Parlamento irlandés foi declarado ilegal en decembro de 1919 polas autoridades británicas e aumentaba a escalada da coñecida como Guerra de Independencia Irlandesa. Michael Collins, o seu ministro de facenda exercía como primeiro ministro de facto, en decembro de 1920 de Valera volta para Irlanda e en agosto un cambio na constitución permítelle asumir o posto de Presidente da República de Irlanda. Polo Tratado Anglo-Irlandés de decembro de 1920, o Reino Unido recoñecía a independencia de 26 dos 32 condados irlandeses como Estado Libre de Irlanda pero que mantiña vincallos coa monarquía británica. De Valera mostrouse contrario ao tratado propoñendo como solución de compromiso unha asociación externa ao Imperio Británico que mantivera o carácter republicano de Irlanda e unha política exterior propia, despois da aprobado polo Parlamento por 64 votos contra 57 de Valera dimitía como presidente e cunha ampla minoría de deputados do Sinn Féin retirouse do Parlamento. Ao estoupar a Guerra Civil Irlandesa entre partidarios e contrarios ao tratado, de Valera incorporouse nominalmente á súa antiga unidade, o terceiro batallón de Dublín e, inda que líder dos antitratado na práctica non tiña poder real de decisión, este quedaba nas mans da dirección militar de Liam Lynch. O 25 de outubro de 1922 de Valera e os parlamentarios antitratado formaron un goberno republicano que non tivo autoridade real. Tras o cesamento das hostilidades, de Valera foi arrestado ata 1924. Logo de perder unha votación no Sinn Féin para que este aceptase a constitución do Estado Libre, de Valera dimitiu como presidente do partido e formou en 1926 un novo partido, o Fianna Fáil. Nas eleccións xerais de 1932 o Fianna Fáil converteuse no partido máis votado e de Valera formou goberno, retendo tamén a carteira de exteriores. Na Guerra Civil española mantivo unha política de non intervención fronte ás dúas ás nas que se dividiu o seu partido, unha favorable aos republicanos e outra aos franquistas.
Un dos grandes éxitos de Valera foi a aprobación da Constitución de 1937, que converteu a Irlanda nunha república e de Valera foi o seu primeiro presidente, posto que mantivo ata 1948. A situación da lingua gaélica foi para de Valera unha fonte de amargura ao non conseguir que rexurdise como lingua popular dos irlandeses. Foi Taoiseach en 1951-1954 e 1957 e 1959 e de novo presidente da república de 1959 a 1973.
Predecesor: Cathal Brugha |
Presidente da Dáil Éireann 1919 - 1921 |
Sucesor: Remplazado por Presidente da República Irlandesa |
Predecesor: Presidente da Dáil Éireann |
Presidente da República Irlandesa 1921 - 1922 |
Sucesor: Arthur Griffith |
Predecesor: William T. Cosgrave |
Presidente do Consello Executivo 1932 - 1937 |
Sucesor: Remplazado por Taoiseach |
Predecesor: Ninguén |
Taoiseach da República de Irlanda 1937 - 1948 |
Sucesor: John Aloysius Costello |
Predecesor: John Aloysius Costello |
Taoiseach da República de Irlanda 1951 - 1954 |
Sucesor: John Aloysius Costello |
Predecesor: John Aloysius Costello |
Taoiseach da República de Irlanda 1957 - 1959 |
Sucesor: Seán Francis Lemass |
Predecesor: Seán T. O'Kelly |
Presidente de Irlanda 1959 - 1973 |
Sucesor: Erskine Hamilton Childers |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Éamon de Valera |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.